Bases do Concurso

cabecera robots

 

No concurso, establécense dúas categorías:

CATEGORÍA WALL-E:

Nesta categoría poderán participar os alumnos matriculados durante o curso 2016/2017 na Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Dunha maneira simple e divertida, partindo dun kit básico que lle proporciona a organización, os alumnos poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móvil que lles permita realizar as seguintes probas:

  • Rastreo (proba individual)
  • Barrendeiro (proba individual)

Inscrición:

Os equipos participantes terán entre 3 e 6 compoñentes e serán coordinados por un profesor titor. Cada equipo deberá inscribirse cubrindo o fomulario de inscripción. O prazo para realizar a inscripción no concurso remata o 10 de marzo de 2017.

CATEGORÍA R2D2

Poderán participar os alumnos matriculados durante o curso 2016/2017 en titulacións superiores, entendendo como tales, as Ensinanzas de Formación Profesional e as Titulacións Universitarias e outros interesados en xeral.

Os equipos participantes crearán un robot que sexa capaz de realizar as probas que detallan nas bases do concurso. 

Inscrición:

Os equipos participantes terán un máximo de 3 compoñentes, aínda que poden presentarse equipos formados por un único membro. O prazo para realizar a inscrición remata o 10 de marzo de 2017.