Titulacións a Extinguir

Os alumnos matriculados na titulación a extinguir poden acceder a toda a información sobre o plan de estudos través da páxina web da antiga Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (ETSEI).

Recordade que as datas oficiais de remate da titulación a extinguir da escola é a seguinte:

  • Título de Enxeñeiro Industrial: 30 de setembro de 2017


Despois destas data non se poderá expedir ningún título, o que obrigará a aqueles alumnos que non teñan defendido o seu proxecto fin de carreira antes da data sinalada a cambiar obrigatoriamente de plan.

Pola experiencia de anteriores cambios de plans de estudos, nos que houbo serios problemas debido á excesiva concentración de actos de defensa de proxectos fin de carreira nos meses anteriores ás datas de finalización dos plans, recoméndase o seguinte:

  • Que os alumnos planifiquen con tempo suficiente a realización do seu proxecto fin de carreira.
  • Que os profesores fagan un esforzo extra na dirección de proxectos fin de carreira de alumnos do plan a extinguir.
  • Que se presente canto antes a solicitude de aprobación do Tema, Título e Tribunal do PFC.
  • Que se adiante a data de defensa do proxecto fin de carreira todo o posible.

 

A data límite de solicitude de Tema, Título e Tribunal de Defensa do PFC do Título de Enxeñeiro Industrial é o 28 de abril de 2017.

As datas límite de presentación e defensa do PFC do Título de Enxeñeiro Industrial recóllense na seguinte táboa:

Datas límite de defensa do PFC

Enxeñeiro Industrial
Alumnos con todas as materias superadas a 5 de febreiro de 2017 30 de xuño de 2017
Alumnos con todas as materias superadas a 11 de xuño de 2017 31 de xullo de 2017
Alumnos que non cumpran os requisitos anteriores 25 de setembro de 2017

 

Avaliación Curricular

A data límite de solitude de Avaliación Curricular é o 21 de Xullo de 2017. Despois desta data non se admitirán solicitudes de Avaliación Curricular.