Bolsa de prácticas no Norte de Portugal

bolsas eures

Abriuse unha convocatoria para a realización de prácticas académicas externas extracurriculares en empresas ubicadas no norte de Portugal nos meses de verán. Esta convocatoria encádrase dentro do plan de actividades de Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.

O programa é o seguinte:

  • Unha axuda económica de 400€/mes durante os meses de xullo e agosto para a realización de prácticas académicas externas
  • Un obradoiro sobre interculturalidade a desenvolver do 27 ao 30 de xuño

O prazo de presentación das solicitudes remata o día 9 de xuño de 2017