Erasmus para PDI curso 2017/2018

erasmus

A Universidade de Vigo acaba de publicar a convocatoria Erasmus + para o Persoal Docente Investigador para o curso 2017/2018.

A data límite para a presentación de solicitudes é o 15 de xaneiro de 2018 e as estadías deberán realizarse entre o 1 de marzo e o 28 de setembro de 2018.

A vindeira semana haberá unhas sesións informativas para presentar as características e propósitos do programa, así como responder ás cuestións que poidades ter sobre o mesmo.

  • Sede Campus: mércores 20 de decembro ás 11:30 horas na Sala de Xuntas
  • Sede Cidade: xoves 21 de decembro, ás 12:00 hoas na Sala de Audiovisuais