Matrícula para continuación de estudos nos Graos

matrícula

Dende hoxe e ata o vindeiro 27 de agosto, os alumnos das titulacións de Grao da EEI poden realizar a matrícula ordinaria en continuación de estudos para o curso 2017/2018 a través da aplicación de automatrícula da Universidade de Vigo.

Os alumnos de Grao deberán indicar a preferencia dos grupos de teoría do curso ou cursos nos que teñan que matricularse. Antes de realizar a matrícula é conveniente consultar as Instruccións para seleccionar grupo da EEI.

Aqueles alumnos que queiran matricularse en Prácticas en Empresa, deberán escoller a Materia Prácticas en Empresa/Optativa e indicar, segundo as súas preferencias, as materias optativas de 4º curso.