IX Congreso de Traballos Colaborativos

congreso traballos colaborativos

O vindeiro venres 1 de decembro, celebrarase no Paraninfo da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Cidade) a IX edición do Congreso de Traballos Colaborativos, entre as 09: 15 e as 14:30 horas.

Durante a súa celebración expoñeranse traballos interdisciplinares, realizados por alumnos dos graos de Tecnoloxías Industriais, Organización Industrial e Enxeñería Eléctrica da Escola de Enxeñería Industrial e do Grao de Dereito da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Todos os traballos que se van expoñer foron realizados baixo a metodoloxía "Design Thinking" utilizada por grandes empresas como Zara, Apple, Microsoft, ... e que permite adaptar solucións a problemas segundo as necesidades do usuario.

A temática dos traballos que se van expoñer foron elexidas polos 145 alumnos participantes e responden ás súas inquietudes sociais.

O Congreso é de carácter divulgativo e a entrada é libre ata completar o afoto do Salón de Actos.