Mestrado en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións

Secretaría do Mestrado

Unidade de Posgrao da EEI
Tel: ( 34) 986 818 627
sec_master_construccion@uvigo.es
http://www.uvigo.gal/uvigo_es/titulacions/masters/estructuras-instalaciones

 

O mestrado universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións é un título oficial de mestrado, cun plano de estudos que obtivo a verificación por parte do Consello de Universidades, previo informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). Dito plano de estudos pode consultarse no seguiente enlace.

En anteriores edicións a súa denominación foi Mestrado Universitario en Enxeñería da Construción e anteiormente Mestrado Universitario en  Enxeñería da Edificación e Construcións Industriais.

O Mestrado Universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións iniciará no curso 2017/2018 a súa IX edición.

O mestrado ten un carácter eminentemente práctico, estando todos os seus contidos orientados á realidade do sector da edificación e a construción.

Trátase duns estudos orientados á formación práctica que demandan as empresas do sector, que non habilita para o desempeño de profesión regulada. O título que se obtén ao rematar os estudos é de Mestrado Universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións, coa Especialidade correspondente.

Especialidades:

  • Estruturas
  • Instalacións