Final Degree Project

Como requisito indispensable para a obtención do título de Graduado, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Grao (TFG) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 12 ECTS.

O TFG debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable.

Matrícula TFG

Deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización para asegurar o asesoramento por parte do profesor designado como director. A matrícula do TFG debe realizarse xunto con todos os créditos restantes da titulación.

Proposta de traballos

Pode partir tanto de profesores como de alumnos da titulación de Grao e en calquer período do curso académico.

Para facilitar a búsqueda dun TFG os alumnos poderán consultar na súa secretaría virtual a oferta de liñas de traballo dos profesores da EEI (menú Contidos de TFG/Ver oferta de titores dispoñibles).

Títulos dos traballos

Os títulos dos TFG deberán estar correctamente escritos en galego, español e inglés no momento de realizar a solicitude a través da Secretaría Virtual:

  1. O mesmo contido nos 3 idiomas
  2. Sen faltas de ortografía
  3. Puntuación correcta
  4. Evitar símbolos (nunca comiñas ao comezo e final do título)
  5. Evitar siglas e abreviaturas a non ser que sexa estrictamente necesario
  6. Utilizar maiúsculas so na palabra de inicio do título e nos nomes propios.