Master´s Degree Thesis

Como requisito indispensable para a obtención do título de Mestrado en Enxeñería Industrial, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Mestrado (TFM) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 24 ECTS.

O TFM debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable.

Matrícula TFM

Deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización para asegurar o asesoramento por parte do profesor designado como director. A matrícula do TFM debe realizarse xunto con todos os créditos restantes da titulación.

Calendario do  TFM

A Comisión Permanente establece o calendario académico para a solicitude de defensa do TFM, o seu depósito e a defensa pública do traballo.