Master’s Degree in Industrial Engineering
A prestixiosa Axencia de Acreditación de Estados Unidos ABET (Accreditation Board for Engineering and Technology), que acredita programas de enxeñería e ciencia aplicada en todo o mundo, emitiu informe positivo sobre o programa correspondente aos estudos de Mestrado en Enxeñería Industrial da EEI da Universidade de Vigo. A EEI convértese nunha das primeiras Escolas de Enxeñería que ostentan esta prestixiosa acreditación neste programa.
Ademais de proporcionar ás institucións de educación superior un mecanismo estruturado para analizar, avaliar e mellorar as súas titulacións, a acreditación ABET serve tamén aos estudantes, porque lles axuda a elixir os mellores programas. Os estudantes que se gradúan en titulacións acreditados por ABET teñen mellores oportunidades de emprego e de mobilidade global.
Para máis información consultar a ligazón: http://www.abet.org
Determinadas profesións reguladas necesitan un nivel de estudos maior e así, para poder exercelas, requírese ter cursado un mestrado universitario habilitante. O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009 de 9 de febreiro de 2009 e publicado no BOE nº 42 de 18/02/2009.
O Mestrado habilitante da Escola de Enxeñería Industrial foi deseñado a partir dun determinado grao de referencia, o Grado en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e xuntos (grao + mestrado) configuran un programa integrado de estudos.
Consta dun total de 120 ECTS, repartidos en 5 módulos e un Traballo Fin de Mestrado:
- Módulo Obrigatorio (6 ECTS)
- Módulo de Tecnoloxías Industriais (30 ECTS)
- Módulo de Instalacións, Plantas e Construcións (15 ECTS)
- Módulo de Xestión (15 ECTS)
- Módulo de Adaptación / Módulo de Orientación (30 ECTS)
- Traballo Fin de Mestrado (24 ECTS)
Perfil de acceso:
As solicitudes de admisión clasificaranse en tres grupos:
- Grupo 1: Titulados do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da EEI
- Grupo 2: Titulados dos restantes Graos da EEI
- Grupo 3: Outros titulados
Dentro de cada un dos grupos, os alumnos ordenaranse acorde coa fórmula seguinte:
[nota media expediente alumno/nota media do seu grao]
Requisitos de acceso:
- Todos os alumnos deberán acreditar un nivel de inglés B1 ou equivalente para ser admitidos no Mestrado