Comisións Xuzgadoras

En cumprimento da normativa vixente na Universidade de Vigo, as comisións xuzgadoras das Teses de Doutoramento deben ser propostas pola Comisión Académica correspondente ao Programa de Doutoramento en que esté matriculado o alumno para ser admitidas a trámite.

En consecuencia, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento Universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria pola Universidade de Vigo, establece as seguintes condicións para poder ser membro dunha comisión xuzgadora dunha Tese de Doutoramento:

  • Profesores doutores de universidade que teñan recoñecido ao menos un tramo de investigación (sexenio)
  • Profesores doutores de universidades estranxeiras que acrediten unha traxectoria investigadora ao menos equivalente á necesaria para a obtención dun tramo de investigación (sexenio) en España
  • Doutores con recoñecida traxectoria investigadora, pertencentes a outros centros de investigación (públicos ou privados), centros tecnolóxicos ou empresas (sexan nacionais ou estranxeiras), que acrediten unha traxectoria investigadora a o menos equivalente á necesaria para a obtención dun tramo de investigación (sexenio) en España.