Axenda

mércores

23

maio

XXVI Seminario de Loxística

seminario loxistica O vindeiro mércores 23 de maio, en horario de 10:00 a 14:30 horas, terá lugar en Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo o XXVI Seminario de Loxística, organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización ( GIO) da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

 

 

 

 

 

 

Unha vez máis, o Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.