Asignación de grupos e Subgrupos de Prácticas

Graos

Os alumnos matriculados nalgún grao da EEI xa poden consultar a través da Secretaría Virtual a súa asignación de grupo e subgrupo de prácticas para o curso 2018/2019. Nos vindeiros días abrirase un prazo para solicitar cambio de grupo (non se aceptarán cambios de subgrupos de prácticas). So se permitirán os cambios que se axusten estritamente ós criterios establecidos pola Escola.

Recordamos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o centro. A adxudicación de alumnos faise tendo en conta o expediente académico e atendendo as necesidades de organización docente da EEI.

Os alumnos que soliciten un cambio de grupo e lles sexa concedido, non poderán volver a cambiar de grupo, nin volver ao grupo asignado inicialmente.