Programas de Intercambio 2019/2020

Intercambio

Dentro do Plan de Acción Titorial (PAT) da Escola de Enxeñería Industrial, a Subdirección de Exteriores vai realizar unhas sesións informativas sobre os programas de intercambio que os alumnos poden solicitar de cara ao curso 2019/2020.
Estas sesións informativas terán lugar nas dúas Sedes da EEI, os días que se detallan:

 

 

 

 

 

Sede Cidade:

Día: Xoves 29 de novembro
Hora: 16:00
Lugar: Paraninfo

Sede Campus:

Día: Venres, 30 de novembro
Hora: 12:00
Lugar: Aula 15