Eleccións Xunta Escola

eleccións Xunta Escola

Pasados os prazos establecidos, e de acordo ao aprobado na sesión da Xunta Electoral da EEI do pasado venres 3 de xullo, as candidaturas definitivas pasan a ser membros electos da Xunta de Escola da EEI polos correspondentes sectores.

Lembramos aos membros electos que non pertenzan actualmente á Xunta de Escola, contacten coa dirección do centro (eei.secretario@uvigo.es) para seren engadidos ao listado de distribución da devandita Xunta.

Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón: Eleccións Xunta Escola.