Aviso importante: Aulas curso 2020-2021

aulario

Xa podes consultar a aula na que se desenvolverá a docencia para o curso 2020-2021.

Tendo en conta a situación na que nos atopamos, e pola seguridade de todas as persoas, é moi importante que cada estudante vaia no grupo no que está asignado.

Cada aula ten marcado cun círculo de cor verde os asentos nos que situarse durante as clases. Asemade, en cada posto atópase un codigo QR que permite rexistrar a posición que ocupas e así ter unha trazabilidade que garanta a seguridade de todas as persoas. Se non tes un lector de códigos QR, debes descargalo de calquera dos sitios onde se atopan Apps para a lectura dos mesmos. Hai moitas aplicacións gratuítas para a lectura destes códigos.

Tamén lembra que é moi importante ter en conta as normas básicas establecidas pola Escola/Universidade e que podes atopar nas seguintes ligazóns:

https://eei.uvigo.es/opencms/export/sites/eei/eei_gl/documentos/NORMAS_xerais_COVID_gl_V2.pdf
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/novas/informacion-ao-alumnado

Aínda que tentamos que non se produzan cambios, é importante permanecer atentos ás novas e ás listas de correo por se houbese que facer algún tipo de axuste por razón de carácter organizativo. Solicitarvos toda a vosa colaboración para que, xuntos, sexamos quen de superar esta complexa situación.