Oferta formativa
A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo integra as antigas Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial e Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, e adícase á ensinanza no ámbito da Enxeñería Industrial a través dunha oferta educativa versátil e actual dos seus diferentes graos, mestrados e programas de doutoramento.
Estudos oficiais de grao da EEI (240 créditos ECTS)
- Enxeñería en Tecnoloxías Industriais (Incluido no Plan Excelencia do SUG)
- Enxeñería Eléctrica
- Enxeñería Mecánica
- Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática
- Enxeñería en Organización Industrial
- Enxeñería en Química Industrial
- Enxeñería Biomédica
Dobres Graos (Novidade para o curso 2020-2021)
- Dobre Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática e Exeñería Mecánica (342 ECTS e 10 prazas)
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática (330 ECTS e 6 prazas)
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería Mecánica (327 ECTS e 6 prazas)
Mestrados Académicos
- Mestrado en Enxeñería Industrial (120 ECTS)
Mestrados profesionalizantes (60 créditos ECTS)
A oferta educativa actual complétase con diferentes mestrados profesionalizantes interrelacionados co sector empresarial de Galicia:
- Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade (non ofertado no curso 2020/2021)
- Mestrado en Enxeñería da Automoción
- Mestrado en Mecatrónica
- Mestrado en Prevención de Riscos Laborais
- Mestrado en Industria 4.0
- Mestrado en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración
A fase de investigación realízase a través dos programas de doutoramento, todos eles distinguidos coa "Mención hacia la Excelencia" polo Ministerio de Educación:
- Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria
- Enxeñería Química
- Eficiencia Enerxética e Sostenibilidade en Enxeñería e Arquitectura