Programa GE4

O Programa GE4 foi creado por unha asociación privada en 1996 co apoio da industria e as institucións académicas, coa intención de facilitar a mobilidade de enxeñeiros e empresarios no mundo.

A Universidade de Vigo participa no programa de intercambio GE4 para escolas de Enxeñería, dentro dun acordo entre ambas institucións. O GE4 (Global Education: Exchanges for Engineers and Entrepreneurs) é unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia entre estudantes e docentes no ámbito da enxeñería.

Os intercambios efectúanse en réxime de reciprocidade coas distintas universidades que forman a rede GE4.