Escola de Verán "Sustainable energy & intelligent environments. Enabling technologies"
¿Quen?
A Escola de Verán está organizada conxuntamente polo Department of Electrical and Computer Engineering de North Carolina State University (ECE, NCSU, EEUU) e a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (EEI, Uvigo, España).
Cada día haberá unha contribución de ECE e outra da EEI que terán lugar en Raleigh e Vigo, respectivamente. os participantes en Vigo (Raleigh) poden asistir ás presentacións realizadas en Raleigh (Vigo) a través do enlace por videoconferencia establecido entre ambos centros (coordinado por Engineering Online en NCSTate e por Uvigo-TV na Uvigo).
¿Cando?
Do 31 de maio ao 3 de xuño de 2016
¿Onde?
En Vigo: na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus), aula de videoconferencia 12.
En Raleigh: Department of Electrical and Computer Engineering, room 1230 EB2
¿Cantos?
15 prazas en Vigo
Podes reservar a túa praza no seguinte formulario
¿Para quen?
Estudantes do Mestrado en Enxeñería Industrial, preferentemente alumnos procedentes dos Graos en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Enxeñería Electrónica Industrial e Automática e Enxeñería Eléctrica.
De non cubirse as prazas, poderán inscribirse outros participantes, preferentemente estudantes de Grao de último curso, procedentes dos Graos en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática e Enxeñería Eléctrica.
¿Por qué?
Porque che interesa a enxeñería, a electrónica e as tecnoloxías que farán posible o desenvolvemento dos sistemas intelixentes do futuro.
Aparte de aprender, ¿consigo algo máis?
Todos os inscritos no curso recibirán un diploma conxunto, emitido polos centros organizadores de ambas Universidades, acreditando a participación na Summer School.
Os inscritos recibirán a alta gratuíta como membros de IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) e IES (Industrial Electronics Society) durante o ano 2016.
Para recibir o diploma e a alta gratuíta será necesario asistir como mínimo a un 75% das actividades da escola de verán.
¿Cómo e canto?
Inscrición Reducida (Ata o 20 de maio de 2016) |
Inscrición Normal (Do 20 ao 27 de maio) |
|
Participantes da EEI | 50 Euros | 80 Euros |
Participantes da EEI (membros do IEEE) | 35 Euros | 65 Euros |
Participantes da EEI (membros do IES) | 30 Euros | 50 Euros |
Outros participantes | 80 Euros | 100 Euros |
Coordinador na EEI:
Juan J. Rodríguez Andina (jjrdguez@uvigo.es)
Cristina Trillo Yáñez, Subdirectora de Relaciones Exteriores da EEI (eei.exteriores@uvigo.es)