Seminario sobre patentes

Seminario patentes

Dentro das actividades formativas do Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria, o vindeiro venres 22 de novembro ás 10:00 horas, na Aula 12 da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus, terá lugar un seminario sobre patentes e propiedade intelectual a cargo dos axentes europeos de patentes D. Fernando Prieto Morán e D. Tomás Llamas González.

A asistencia é gratuíta ata completar aforo.